
Este ano, os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria, xunto coas súas mestras, fixemos un xogo de mesa (unha mestura de “Trivial” e “Xogo da Oca”), con preguntas e probas diferentes.
O sistema de xogo é o seguinte: en grupos de catro, cada un escolle unha ficha de cor (coma as do parchís). Por quendas van tirando o dado e avanzando no sentido das agullas do reloxo, partindo todos da casa de saída. Segundo avanzan, dependendo de onde caian , terán que coller unha tarxeta da mesma cor cá casiña onde tiñan caído.
As de cor azul son preguntas de todo tipo( coñecemento, lingua, matemáticas, cultura xeral…)
As de cor verde son diferentes probas que o xogador terá que superar para poder seguir xogando.
As de cor vermello son as tarxetas sorpresa (avanza dúas casiñas, retrocede unha casiña, volve á casiña de saída…)
A de cor branca son as do xogo do aforcado. O xogador terá que adiviñar a palabra que vén na tarxeta e que, por suposto, non poderá ver.
O taboleiro é como o da foto. Nel tamén hai casiñas cuns dados; o que cae nelas ten que volver a tirar e seguir xogando. Gaña o xogador que chega primeiro á meta.
Etiquetas: Xogo das Letras Galegas
Entrada más reciente Entrada antigua Inicio
0 comentarios:
Publicar un comentario