Liberdade, amor, compañerismo, eses son algúns dos conceptos asimilados durante todo este tempo no colexio.
No interior das paredes do Tirso moitos aprendimos a falar correctamente, a durmir a sesta no colchón de María Xosé, a escribir con Mari Carmen, a ler con Marisé, a querer ós animais coa tartaruga Margarita (desaparecida misteriosamente unha noite), e case tódolos nosos coñecementos.
Hai pouco unha amiga e máis eu estivemos a recordar os míticos venres de 2º de primaria cando Luisina facíanos tomar no baño, en fila, aquel líquido rosa chamado flúor que mandaba a Xunta de Galicia e que todos odiabamos tanto.
Recordamos tamén aquela ilusión coa que esperabamos o festival de Nadal, onde en nove anos que participamos fixemos de todo: desde ser anxiños ata bailar a Macarena e facer dos Backstreet Boys.
O magosto encantábanos pero non polas castañas senón porque sempre acababamos coa cara negra aínda que as nosas nais logo regañabanos.
Pero o mellor sen dúbida eran as excursións de fin de curso ó pinar de San Xurxo. Aquel camiño que se nos facía eterno seguramente hoxe pareceríanos unha miniatura. A moitos seguramente gustaríalles repetir a caza de renacuajos no regato ou cando
facíamos cabanas nas árbores e as guerras de piñas, onde máis de un saliu perxudicado.
A etapa da ESO foi en xeral divertida. Para moitos, os mellores días deses catro cursos foi a excursión a Manzaneda de segundo.
Acordámonos con pena de moitos profesores como o Padre Manuel, Titina, Carmen Villares, Chisco, Goti, ou Padre Xosé Ignacio,…
Pero uns dos mellores anos foi sen dúbida estes dous últimos en Bacharelato.
Moita xente nova e outros que marcharon, a mestura con xente coa que nunca estivéramos na clase, novas materias e profesores, diversas “liadas” memorables como a do deshumificador ou a do bolígrafo Pilot,…
Estes quince anos no Tirso de Molina poderíaos resumir en moitísimas anécdotas, alegrías, tristezas e sobre todo felicidade. Creo que a todos se nos fará extraño non volver a percorrer estas aulas.
Alicia Álvarez Cerdido (2º B Bach.)
Etiquetas: Despedida de Alicia
Entrada más reciente Entrada antigua Inicio

0 comentarios:
Publicar un comentario