Relato

Atopábame nunha butaca baixiña preto da porta, frente a un televisor recheo de canta merda había na nosa terra, falando da vida de persoas que nin van nin veñen e que, na maioría dos casos, non son coñecidas polos seus méritos propios, senón por argalladas ou historias amorosas con personaxes de gran coñecemento mediático.

Apagueino. Faltaban aínda tres minutos para que desen as seis da tarde. Dispoñíame a non facer nada mentres escoitaba de fondo o son dun antigo reloxo que tiña a miña avóa no fondo da súa casa. Tic tac. Tic tac. Cando tornei a miña vista cara a fiestra que tiña á miña dereita decateime de que as cousas xa non rulaban coma nos tempos da miña infancia. Era incríble. En tan poucos anos...

Son as seis da tarde dun domingo de choiva.

O venres, ía eu toda segura de mín, camiñando pola rúa, sentindo a pouca brisa que había rozando a miña cara e votando cara atrás o meu longo e loiro cabelo, cando me detiven a ler unha novela case rematada nun parque preto da miña casa. E alí estaba eu, coa apariencia dunha rapaza tola por ler unhas páxinas e crer que todavía quedan persoas así nesta vida, persoas que gocen da lectura coma eu, e non teñan toda a súa atención en novas tecnoloxías que, ao fin e ao cabo, levan ao illamento social, na maioría dos casos. Pero, ¿e que ninguén o ve? ¿Realmente ninguén o ve?

Aférrome a unha realidade imaxinaria na que o único e verdadeiro motivo polo que espertar fose pola intención de aprender cousas novas día a día, pero cando baixo da miña nube, esa na cal se atopan as ilusións e o mundo dos soños e fantasías, percátome de que as persoas do meu entorno non buscan ese mesmo fin, senón o de levar unha vida monótona e rutinaria na cal os segundos, minutos e horas pasen rápidamente coma se de un salto de páxina se tratase. E digo eu, coa cantidade de cousas fermosas que se perden polo mundo adiante, ¿como ninguén a estas alturas é capaz de tornalo e facerlles ver que non todo neste mundo é o cotilleo e a diversión sen cultura algunha?

Tras milleiros de reflexións que me levan comendo a cabeza desde hai algún tempo, realmente aínda non atopei solución ante este feito tan significativo do cal xa ninguén se salva. Se me percato, incluso eu ás veces, aínda que me coste asumilo porque non vai conmigo, tamén me deixo levar por ese mundo pésimo e esa sociedade inculturizada na que nos estamos a converter, por desgraza.

Son as seis da tarde dun domingo de choiva.


Paula López Lourido 2º B Bach

0 comentarios:

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio