Entrevista a José Grandal.


1.-Bos días. Para comenzar gustaríamos que fixese un resumo da súa carreira, para coñecelo un pouco máis.

Estudei Educación Primaria, E.G.B e B.U.P. no colexio “Jorge Juan” de Xubia; C.O.U. no instituto “Concepción Arenal” de Ferrol e licencieime en Filoloxía(sección Filoloxía Hispánica) na Universidade de Santiago de Compostela .
2.- Lembra algunha experiencia para resaltar no seu traballo?
Son moitas e case todas importantes pero recordo con especial simpatía a experiencia de dar clase ininterrompidamente o mesmo curso desde 7º de E.G.B. ata C.O.U. Era unha experiencia: Era unha forma de ter continuidade cos alumnos e de trazar un método a longo prazo. Creo que os resultados académicos foron boísimos ao igual ca relación persoal cos alumnos.
3.- Vemos que o seu traballo é moi administrativo, pois a mesa está chea de documentación. Pensa que o seu traballo perde moito coa burocracia?
Quizais esa pregunta habería que facérllela a eles, pero dende o meu punto de vista non vexo ningún problema.
4.- Síntese vostede querido polos alumnos?
Aunque ao principio, e iso mo din moitos de eles, parezo algo distante, quizais pola miña forma de ser, ao final sempre se reduce a distancia e esta convértese en cercanía, ou polo menos, así o creo.
5.- Cal é o perfil do alumno deste colexio? Como afecta o entorno?
Penso que non hai un perfil determinado de alumno; hai alumnos de todas as zonas, non só da cidade se non tamén das zonas periféricas e o mesmo diría da pertenza a unha determinada clase social. É innegable que o entorno sempre inflúe no alumno, pero en canto chegan ao noso colexio adáptanse de tal maneira que desaparecen todas as diferenzas. O “Tirso” é un colexio onde os alumnos aclimátanse dunha forma extraordinaria.
6.- Cales son as principias necesidades do centro?
Quizais agora mesmo sexa a informatización de todas as aulas. E niso estamos. A idea principal era dotar a todas as nosas aulas de ordenadores persoais, pizarras electrónicas...
7.- Vostede cre que o centro está peor dotado que outros de dimensións menores?
Creo que é un dos centro que posúe unha das mellores infraestructuras da comarca.
8.- Como definiría vostede a figura de director?
É como un coordinador, ten que intentar que todas as cousas funcionen á perfección e de forma sincronizada: profesores, alumnos, persoal non docente...
9.-Cales son as súas principias metas na súa nova posición como director?
Como xa dixen antes, conseguir a total informatización de todo o centro, e no que as aulas se refire; de feito este ano informatizáronse as aulas de 5º e 6º de E. Primaria, o ano que ven será 1º de ESO e Bachalerato e así sucesivamente. Outra das miñas metas será a de afianzar un Bacharelato máis forte, se cabe do que temos hoxe en día; temos que conseguir que o “Tirso de Molina” sexa o gran centro de referencia da ensinanza privada tanto en Ferrol como na comarca.
10.- Que opinión ten do peso e importancia da educación na nosa sociedade?
É vital. Os nosos alumnos de hoxe serán os que mañá leven as rendas da nosa sociedade.
11.- Que pensa vostede dos novos plans de estudo como D.José Grandal e non como director?
Son mais do mesmo. Dunha vez por todas é hora de que tódalas forzas políticas se senten nunha mesa e fagan un pacto sobre educación e pase o que pase respéctese.Non se pode estar cambiando de plans de estudo sen case habelos experimentalos e ás veces as variación son mínimas e ridículas.
12.- Que opina da cada vez maior informatización do ensino?
É moi importante e preciso pero sen olvidar aspectos tan importantes como por exemplo a educación en valores, que creo que cada vez máis se lle está dando menos importancia e é un dos aspectos máis importantes para os xoves.
13.- Como afecta o novo modelo social á propia educación? Como cre vostede que afecta este modelo ao Tirso de Molina?
Pasou de ser un ben e unha base de futuro a un problema para moitos alumnos que o único que queren é semellarse a eses iconos que nos mostran os medios de comunicación, para os que todo é fácil: diñeiro fácil, vida ociosa, pouco traballo...Ao final soen desvanecerse e precipitarse cara o baleiro. Supoño que todo afecta e ao Tirso tamén, aínda que no noso quefacer diario esteamos a loitar contra isto.
14.- Cal é a súa avaliación da educación actual?
Potenciase pouco o esforzo, o traballo diario. Non gustan palabras tan importantes como disciplina, respecto, obediencia...
15.- Cre que é máis fácil estudar agora ou antes?
No aspecto económico, sen dúbida, agora é máis doado, hai máis recursos por parte das familias, da administración,... En canto o alumno, antes existía o traballo duro, o esforzo... Hoxe esa cultura só a traballan uns poucos, con lo cal a influencia desa escasa cultura do esforzo fai que sexa máis difícil concentrase que antano.

16.- Cando se fala de problemas de convivencia nas aulas é para tanto? É tan diferente ao que ocorría hai 20 anos?
Fai vinte anos non existían tantos problemas de convivencia e ademais a figura do profesor, que é crucial, non estaba nada devaluada en comparación coa actualidade e as familias confiaban e apoiaban ao profesor. Hoxe desgraciadamente, non sempre, é ao revés.
17.- Non considera que o profesorado ten demasiada responsabilidade ante, por exemplo o fracaso escolar?
A culpa do fracaso é todos, non só do profesor. Si un alumno non quere estudar ou non pode ou non sabe, ¿que pode facer un profesor sen outras axudas?
18.- Non lle preguntamos pola crise, nótase no colexio?
Non é este un sector no que a crise afecte demasiado. Pero si se nota en canto as actividades(E. Infantil, E. Primaria e ESO) que se desenvolven no centro e que eran sufraxiadas economicamente polos pais e que baixaron en canto ao número. E en canto á parte privada(Bacharelato), non houbo un baixón importante no número de alumnos matriculados estes últimos anos.
19.- Hai persoas que din que no Tirso non hai un nivel académico adecuado. Que lles respondería?
Que veñan a ver as actas de selectividade dos últimos anos(sempre por enriba do 90% de aprobados). Nos cinco últimos anos tivemos a cinco estudantes entre as mellores notas medias de selectividade de Galicia. E nestes dous derradeiros anos tivemos tres alumnos que conseguiron o Premio Extraordinario de Bacharelato,....¡Canta envexa!
20.- Que mensaxe enviaría aos pais?
Tranquilidade en canto ó aspecto anteriormente mencionado e unha petición de colaboración, máis si cabe, co colexio porque o que temos entre mans é moi importante: son os vosos fillos e os nosos alumnos.


Cristina López López nº10 1º A Bach.
Ruth Rio García nº23 1º A Bach.
Helga Taboada López nº28 1º A Bach.

0 comentarios:

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio