Despois de dous anos neste Colexio, imos comezar unha nova etapa nas nosas vidas.
Hoxe estiven meditando sobre todo o que vai cambiar a partir de agora. Unha nova cidade, novos profesores, nova xente, nova forma de vida e, sobre todo, novas responsabilidades. Comezamos a ser adultos.
Os retos que temos ante nós son atractivos e desexados, pero non por iso deixan de ser ó mesmo tempo descoñecidos. As nosas metas vanse cumprindo, pouco a pouco, con moito esforzo e dedicación, pero i mos avanzando neste difícil camiño que ó fin e ó cabo, é a vida.
Sabemos que cada etapa que se nos presenta é un reto máis complicado que o anterior, pero non por iso imos desistir nos nosos obxectivos. Chegados a este punto, parece necesario facer un pequeno “balance” do camiño xa percorrido.
Polo que a min respecta, comecei a miña etapa escolar no Colexio Xesús Maestro. Alí pasei moi bos momentos, coñecendo a persoas que xa van pasar a formar unha parte importante da miña vida. Ó terminar a miña etapa na Eso, continuei no Tirso de Molina, colexio ó que xa asistiran con anterioridade as miñas dúas irmás maiores. No cal, pasei unha das mellores etapas da vida. Aínda que soamente cursei dous anos, seguramente, por ter xa outra idade, apreciei moito mellor os valores que se nos inculcaron e, con toda seguridade, será un tempo entrañable que estará moi presente e recordarei sempre.
Agora teño ante min un futuro cheo de proxectos e de novos desafíos que tratarei de facelos realidade. Sei que non vai ser doado pero conto con algo moi importante, que é toda esta bagaxe que me foron inculcando desde ben pequeno e que agora me decato da súa importancia. Creo que este pensamento é o que realmente indica que comezo a ser e a sentir coma un adulto.
Teño que agradecer ós meus profesores, todo o seu esforzo e paciencia que tiveron tanto comigo coma co resto dos meus compañeiros. E teño que agradecer tamén a estes últimos a súa compañía durante estes anos nos que chegamos a compartir case todo. Os bos ratos que xuntos pasamos, as risas e tamén algúns malos momentos, que tan útiles son para aprender a facerlles fronte. Momentos que recordarei con cariño e que, sen dúbida algunha, añorarei en múltiples ocasións.
Dentro de moi pouco tempo ímonos enfrontar coa Selectividade, será o noso primeiro reto. En apenas dous días, xogámonos todo o que levamos aprendendo ó longo de todo este tempo, e tamén o noso futuro. Estivemos traballando para saber facerlle fronte a este momento, e estou seguro de que o imos superar todos, iso é o que esperamos e desexamos.
As notas de selectividade, serán a chave que nos abra as portas do noso futuro, que xa estará alí, diante de nós. Cruzaremos sen medo e con moitísimas ganas esa porta que nos levará a percorrer un camiño que teremos que ir facendo día a día. Cada un elexirá o seu rumbo, coa esperanza de saber elexir sempre o correcto.
Este verán, será para todos, unha recompensa ó noso esforzo destes anos. Probablemente sexa o último verán que poidamos disfrutar completamente e todos xuntos, sen ter máis responsabilidades que pasalo ben e gozar antes de comezar esta nova etapa.
Gocemos pois deste premio que nos ofrece a vida, en compensación ó esforzo realizado.

Santiago García Agulló, 2º A de Bach.
Etiquetas: Nova etapa
Entrada más reciente Entrada antigua Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario