Ano 1168 Santiago de Compostela.
As primeiras luces do albor despuntaban coquetas entre as escasas nubes que tapizaban o inconmensurable ceo. Encamiñeime pola empedrada calzada á catedral, pasando como de costume pola fachada de praterías onde se congregaban cada luns numerosos postos de mestres artesáns , que elaboraban complexísimas filigranas en prata .Contemplei embelesado a elaborada construción que sen embargo deixaba entrever todavía algún dos desperfectos sufridos tralo incendio provocado no ano 1117 nunha enfervorecida revolta burguesa durante o episcopado de Diego Xelmirez. A cidade do apóstolo Santiago emanaba vida por doquier, atrás quedaban xa os días de escuridade e penurias cando meu pai aprendérame o complicado oficio de tallador de pedra. Sumido neste ir e vir de nostálxicos pensamentos cheguei á praza do obradoiro, onde o prestixioso mestre Mateo dirixía dende o andamio recentemente situado a un centenar de obreiros que traballaban afanados na elaboración do despampanante pórtico da Gloria, peza culminante da magnánima construción catedralicia .
Fiel ás ordes do mestre dirixínme á caseta onde elaboraba os planos. Un ambiente totalmente austero invadía a estancia repleta de utensilios e un escueto xergón onde o artífice dos soños de unha cidade enteira pasaba noites nas que a inspiración divina acudia a el moi pertinentemente, A miña mirada desviouse repentinamente en dirección á agramasa todavía fresca onde se vislumbraba con etéreo equilibrio o perfil da estrutura arquitectónica do pórtico, composta esencialmente por tres plantas superpostas: a cripta símbolo do mundo terreal, o pórtico propiamente dito, que constituía a porta de entrada occidental á catedral e no que se representaba a Xerusalén Celeste, e a última planta era a tribuna, que por medio de rosetóns posibilitaría que estivera iluminada todo o día. Representando a elevación do humano ao divino.
Sentín o seu inequívoco halo tras de mín, un escalofrío percorreume o espiñazo, era ela diso estaba totalmente seguro, Arabella a miña única debilidade ante o importante mestre constructor e sobre todo provocadora de numerosas críticas por parte da igrexa pola súa condición de mora conversa , máis tamen a miña musa e fonte de inspiración, afrodita perfecta e pasioal, muller dos meus ollos. Penetrante mirada cor esmeralda, tez escura e inmaculada, túnica branca e lixeira que deixaba entrever os seus bustos firmes contonearse ao son da celestial música do repiquetear do meu corazón desbocado. Xuventude alentadora, paixón pola vida alegría,... Arabella empurrábame hacia unha liberdade inusual en min evadíame das miñas responsabilidades, o noso amor prohibido enfervorecíame ata limites insospeitados, 40 anos as miñas costas, o fin da miña vida despuntaba xa no ocaso, aspiracións de que as miñas esculturas fosen recordadas eternamente. Acercouse a min con gracia, coa elegancia dun guepardo. Suspirou algunhas palabras intelixibles na miña orella, vocablos cheos de amor e sensualidade, ávidamente retireille as súas lixeiras roupaxes, o tempo detívose, os minutos deixaron de ser minutos, abandoneime finalmente á súa sorte.
Xadeos, suor, desexos verdadeiramente incumpribles, bicos e máis bicos, movementos acompasados, gritos e esixencias dunha xovenciña caprichosa, culminación deste amor adúltero, cénit e finalmente extásis .
A inspiración acudía a mín coma de costume, ese anxo onírico, transportábame a outra dimensión onde as miñas ideas fluían sen barreiras ideolóxicas, estamentais, étnicas,... Manto estrelado cubría a crepitante Santiago de Compostela. A miña man debuxaba soa os trazos, a miña cabeza non pensaba, o arco esquerdo do pórtico coroado pola figura dos xustos entre os que destacan Adán e Eva, que tentados pola paixón, comeron da mazá do pecado, como o meu amor por Arabella, agora agardando a chegada do Salvador. Imaxes vívidas expresivas, transmisoras dun sentimento real, clamando polo seu amor ó ceo.

Caín rendido sobre o mullido xergón con total certeza de que a miña obra sería comprendida o longo dos séculos por todas aquelas parellas prohibidas, polo amor non aceptado, polo amor que toda barreira traspasa, por Arabella dulce e enfeitizante, salvaxe... Os meus pensamentos perdéronse na marexada dun profundo sono.
Elba de la Barrera Agulló 1ºB BACH.
Etiquetas: Arabella
Entrada más reciente Entrada antigua Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario