Llerbi, o león diferente

Había unha vez un león, chamábase Llerbi e vivía na sabana de África. Llerbi tiña un amigo, o seu amigo tamén era un león. O seu nome era Leo, pero aínda que foran os dous leóns, eran diferentes.

Un día pola mañá Llerbi foi á casa de Leo e ao chegar levouse unha gran sorpresa, Leo, fixéralle unha festa de aniversario moi especial, nun cartel moi grande poñía:

FELIZ ANIVERSARIO

LLERBI !

Cando Llerbi o leu quedou moi feliz. Naquel instante, chegaron os seus pais, entón, os pais de Leo dixeron á vez:

Queredes quedar a comer hoxe na nosa casa?

Si, gustaríanos. Contestou a familia de Llerbi.

Cando chegou a hora da comida Lena a nai de Leo e Cani a nai de Llerbi, chamaron a Leo, a Llerbi e aos seus pais, que estaban xogando ao “Corre, que te pillo” no salón. Despois de que Lena e Cani os chamaran dúas veces máis, os catro foron xantar unha comida moi especial que só se fai nos aniversarios. Ten dous pratos e un sobreprato. O primeiro prato, pinchos de ñu, o segundo, cebra á grella e de sobreprato , xeado de antílope.

Gústavos o que hai de xantar? Preguntou Lena.

Si, contestou Leni, o pai de Llerbi.

Si contestou Lena.

Non,a min non me gusta, porque eu son vexetariano dixo Llerbi. Entón Lesti, o pai de Leo, dixo:

Queres ir a por froitos?

Si, pero, pódeme acompañar Leo?

Se el quere pois claro.

Queres vir, Leo?

Si, irei encantado. Contestou Leo.

Leo e LLerbi foron a por froitos e o pasaron moi ben,e cando chegou a hora da merenda Cani fixo unha tarta de arándanos para LLerbi e Lena fixo unha con carne de gacela para os demais. Na torta de arándanos colocaron nove velas e encendéronas para que Llerbi as soprara. Despois da tarta foron todos a xogar ao salón e o pasaron moi ben.

Logo de xogar un rato moi longo, Cani Lesti e Llerbi foron á súa casa.

Adeeeeeuuuuus!!!

Celia Pérez Souto 4ºB (Educación Primaria)

0 comentarios:

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio