O outono en Educación Infantil

Deixando atrás o sol e a praia do verán, adentrámonos no Outono.
Como todas as estacións do ano tamén esta ten os seus encantos.
Se imos ao bosque podemos observar os cambios que se producen na natureza, por exemplo as árbores comezan a perder as súas follas e a cambiar de cor,o bosque tínguese de ocre.
Chegado a este punto, empézase a preparar unha festa tradicional, o Magosto.
Como sabemos, en Outono, os castiñeiros regálannos ricas castañas imprescindibles para esta celebración.
O uso destas é moi variado, pódense facer figuras, colares, xogos...aínda que o mellor segue sendo poder comelas. Asadas ou cocidas as castañas son un rico manxar para nenos e maiores. Así pois, cada ano esperamos con ilusión a chegada desta estación, para poder celebrar todos xuntos esta festa sendo para nós un momento excelente para poder compartir, diferenciar froitos secos e carnosos, aprender a agardar o noso turno... en definitiva ¡VIVA O MAGOSTO!


-EDUCACIÓN INFANTIL-

0 comentarios:

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio