Hai algúns anos unha boa persoa regaloume un libro que tiña a curiosidade de incluír dentro do celofán un estraño lápiz vermello e aplanado, sen afiar, deses que todo obreiro que se precie leva encaixado na orella dereita incomprensiblemente soldado como con “Loctite” ós coiros suados dese pequeño espazo que queda entre o cartílago e o cráneo. Na contraportada víase un home aínda novo, de ollada ensonada e sorriso tímido, indolentemente sentado no chan con aire xuvenil apoiando os cóbados sobre os xeonllos.
Nada facía sospeitar que aquel home de aire inocente poidera espertar na miña mente a treboada máis fonda de todas as que sacudiran os aínda novos eixos do meu mundo. O libro chamábase –seguro que o tendes adiviñado- “O lapis do carpinteiro”, e o home era Manuel Rivas.
O “Lapis do carpinteiro” é basicamente unha fonda e desesperada historia de amor. Amor entre un home e unha muller, mais tamén amor pola verdade, pola liberdade e polos valores que nos fan dalgún xeito seres humáns. É un canto á amizade cheo de sensibilidade e sentido común, de saudade e reivindicación.
Eu soñei moito tempo con falar en persoa có autor de tan fermosas páxinas, e, respirando o mesmo aire e pisando o mesmo chan, darlle testemuña da miña admiración.
A oportunidade chegou o día 27 de marzo cando, có gallo de preparar unha entrevista como traballo para a asignatura de Lingua Galega, encomendóusenos a un grupo de estudantes facerlle unha entrevista. Ó principio non me chegaba a camisa ó corpo. Sabía da tremenda humanidade de Manuel Rivas, a súa calidade persoal e profesional e, unha e outra vez, víñasenos ós miolos a fondura da súa producción literaria. En efecto, na miña maila que modesta biblioteca, ademais da devandita obra, abríanse paso a cobadazos outras como “Ela, maldita alma” e “Qué me queres, amor”, posiblemente un pequeno e intenso mostrario da magnífica pluma do autor.
A xente nova temos sempre a teima de meternos onde non se nos chama, así que abordei có meu compañeiro a Manuel Rivas cando estaba a piques de comezar a manifestación que a “Comisión Rumbo 21” facía na nosa cidade para reclamar o levantamento do veto a ASTANO.
Na manifestación aceptaban a xente de tódalas idades e ideoloxías sempre e cando estivesen dacordo coa idea a defender. De xeito que non tivemos moito problema para colarnos na cabeceira e alí estaba o escritor ¿Como non? Lonxe de acomodarse na súa ben remunerada comodidade de autor recoñecido, Manuel Rivas é un incansable loitador por todo o que no mundo carece de xusticia e solidariedade. Gusta de levar a voz dos oprimidos, pero especialmente dos que non se poden defender e é así que é directivo de Greenpeace e activista comprometido de todo o que cómpre defender, aínda que non pague a pena ou sexa “políticamente incorrecto”.
Tiña na miña imaxe aquel home novo que sorría sentado no chan, e atopamos a mesma ollada inocente e sinxela, o sorriso tímido e xuvenil, maila que o tempo tiña xa tecido fíos de prata entre o peiteado imposible dos seus rizos de neno rebelde.
Tentei de vencer a miña timidez e a paradoxa dun tímido patolóxico fronte doutro e o abordamos directamente e “sen anestesia”:
- Bos días, Manuel Rivas, somos Sara Mosquera e Augusto Martínez, alumnos do Colexio Tirso de Molina para ver se nos pode contestar a unha pequena entrevista para un traballo, por favor.
Non sabía como dicir que non, así que pregounos que foran dúas ou tres preguntas somentes antes de comezar a marcha.
Espreitaba todo con eses ollos inquedos de paxariño, cós que observa fondamente o mundo que logo fai revivir no papel, e como non son persoa de desaproveitar as ocasións, lanceime sen paracaídas:
- ¿Con que nos vai sorprender no seu próximo proxecto literario? ¿É quizais unha novela?
Parecía non esperar unha pregunta sobre o seu traballo. Estando volcado no apoio ós intereses da plataforma, a súa profesión quedaba en segundo termo. Logo de pensar un intre contestou:
- Estou traballando nunha nova novela, mais gustaríame tamén facer algún traballo relacionado coa poesía, xa que é un eido no que sempre estiven interesado e penso que aínda se pode dicir moito en poesía galega.
Lembramos, en efecto, algunhas das súas incursións neste xénero, como “O pobo da noite”, recentemente estudado na asignatura de Literatura Galega.
Acuciábanos o empurre da manifestación. Entre o bosque de bandeiras brancas e azuis o rumor ía medrando en intensidade. As consignas, dacabalo de pareados gargarexados na estridencia dun vello megáfono comezaban a tomar forma.
Sabíamos que o tempo remataba e Manuel pediunos brevedade.
- Unha última pregunta, por favor.
- Déanos a súa idea sobre o problema do naval en Ferrolterra.
- Có noso esforzo e a nosa loita conqueriremos herdar un país que teña o xeito dunha nave, a máis fermosa, por certo, arquitectura do mundo –todos os barcos son fermosos- . A memoria de Galicia, a alma de Galicia, ten esa forma dun barco feito en Ferrolterra, unha desas naves que saben zafar, saltar no temporal e abastecer a humanidade de esperanza e dignidade, de traballo ben feito, de libertade e de solidariedade. Imos reconstruir a nave para surcar o futuro. Imos reconstruir o sentido, o rumbo.
Non había tempo para máis. A imparable marea dos que reivindicaban o pan das súas familias retomaba de novo o atormentado camiño dos soños imposibles. “¡O veto a ASTANO o quiten este ano!”, “¡Queremos traballar e non emigrar!” A sua dignidade de home sabio vestía de nome e apelidos a anónima reclamación da xente do pobo, traballadora e sacrificada, tantas veces asoballada e axeonllada, e tantas veces erguida de novo para seguir adiante, berrando as verdades ó vento do nordés. A última vez que o vin desaparecía dobrando unha esquina de Ferrol Vello tras doutra das súas loitas. Humilde e calado, como parafraseando o seu persoaxe, o doutor Daniel da Barca, “Eu non dixen nada ¡Que ía dicir! Marchei como viñen. Como unha sombra”.
Augusto e Sara.

Etiquetas: Manuel Rivas
Entrada más reciente Entrada antigua Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario