(FERROL VELLO 1929)


Alfredo Martín naceu preto da O.T. Franciscana, e alí puñan sempre un belén.

Como se sabe foi San Francisco de Asís quen introduciu a tradición belenística.

Un día, a finais dos anos 50 ocurréuselle a posibilidade de dotalo de movemento.

En 1960 máis ou menos comezou a facelo. Esta idea xurdíu porque ó principio a maioría dos beléns non tiñan movemento e foi entón cando comenzou.

O seu primeiro belén veu a luz en 1948.

Ó parecer, cada ano o seu belén presenta algunha novidade. Ás veces hai que suprimir algunha figura, porque senón as sesións faríanse moi longas, xa que cada interpretación do belén dura media hora.

Hai anos en que teñen máis dunha novidade. Cada unha destas ideas teñen que ser orixinais e que fagan labores reais. Tales ideas xorden de cousas que el ve. Este ano, por exemplo, construíu unha figura que era unha persoa, que se subía a unha palmeira. Costoulle bastante posto que os movementos teñen que ser o máis humanos posibles, non mecánicos.

Aparte da súa afección belenística desenrola outras actividades artísticas, xa que pinta, dedícase á arquitectura e fai escultura principalmente. Pero a que máis logrou apasionalo foi a pintura.

Os seus fillos comparten as mesmas afeccións e inquietudes, pero xa que carecen de tempo, debido as súas carreiras e traballos, tómano máis coma un “hobbie”.

Alfredo ten unha gran relación coa O.T. Franciscana, debido a que naceu nunha casa anexa á capela, que tiña un patio que se comunicaba con ésta, a cal estaría onde se sitúa na actualidade o Parador de Turismo. Ó cumprir a maioría de idade fíxose irmán terciario. Neses tempos, atopábase máis xente na igrexa que nas estradas, había máis devoción, pero os tempos cambian ( ja ja ja ).

Dende neno xa axudaba á elaboración das figuras. Ó principio eran moi rudimentarias, eran planas, de cartón pintado; co tempo fóronse perfeccionando. Levan resortes, para dotalos de movemento, e madeira. Ó principio facíalles a roupa a miña nai, máis tarde a miña muller. Ten a súa importancia tamén, posto que teñen que facerse á medida para que lles permita realizar os movementos, nin mais nin menos.

Por debaixo é todo un enxame de fíos, por iso a partir do mes de setembro comezan a practicar e ambientarse con elo a xente que o manipula.

O noso entrevistado foi tan amable de facernos unha comparativa da Semana Santa actual e a dos anos 1960- 1970, e comentounos :

- Agora a Semana Santa é mais espectacular, aplauden, levantan os tronos… antes era máis piadosa, máis sentida, agora é máis folclórica.

Agora vén máis xente de fóra, antes era a de aquí; aínda así había máis xente nas rúas. Había máis devoción-.

Alfredo foi unha das persoas que realizou varios tronos da O.T. e algunhas imaxes relixiosas.


Aparte do belén en movemento, outra das súas grandes obras é a “Passio“ e a “Escenificacion de Rosalía de Castro”. Respecto á Passio cóntanos que a espuxo máis veces e esta é mais antiga cá escenificación de Rosalía de Castro. Por outra banda, debido a que a xente lle pedía que fixera cousas que non foran relixiosas, foi cando creou a de Rosalía de Castro. Para facelo buscou informes antigos (a casa onde naceu, a igrexa onde a bautizaron…), tivo que empaparse de historia para despois refrexalo nas maquetas. O que máis lle chama a atención das súas obras é a Passio, máis có belén porque ten máis complicación artística.

O belén, en realidade, como ben di el, está cheo de anacronismos, senón sería unha simple aldea:

- Tes que seguir o teu propio camiño, porque se atopan moitas incógnitas. ¿Os reis eran magos? . ¿Eran tres?. Entón déixaste levar pola fantasía e a imaxinación-.

O noso querido Alfredo é un manitas, posto que él antigamente organizaba as cabalgatas de reis (facía as carrozas, os traxes, utensilios…) . Pero para facer todo isto, non lle daban cartos e tiña que buscarse a vida para encontrar materiais, persoas…

Realizouna durante 20 anos sen ningunha destas axudas.

Coméntanos que os Reis Magos eran levados por homes, a cabalo ou en carrozas (existen fotos documentàis que nos ensinou nas paredes do seu despacho).

Para rematar fixémoslle dúas preguntas moi importantes:

A primeira era: ¿É vostede consciente da cantidade de xente que fai feliz coas súas obras?. Ó que contestou que sí. Moita xente párao pola rúa. Ten transcendencia.

-En Ferrol marca o Nadal, posto que moita xente pensa que se non hai belén falta algo, é unha tradición- .

A segunda era: ¿Qué opina sobre a nosa revista?. Ó que contestou que lle paracía moi ben todo o que fora fomentar a arte galega. Enorgullécelle o que se fai en Galicia, para enriquecer ós mozos na cultura galega e respectar ós maiores.

Moitas grazas Sr. Alfredo pola súa colaboración e paciencia. Saiba que para nós, coma para a inmensa maioría do pobo ferrolán, o seu traballo chegou a tódolos corazóns. Nunca poderemos pagarlle o amor co que fixo os seus traballos e a felicidade que nos proporciona. Ata sempre.


Entrevista realizada por: Carmen Mª Peña Caaveiro e Paula Regueiro García

(4º ESO)

0 comentarios:

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio