Terras outas e soias
Serras longas mouras
Eu son está coor de soedá
Ancares soñados co lonxe
Penas de Marco de Meio Mundo en ringuilleira do Candedo ás Moas
Alto da Luzenza Formigueiros Montouto Pía Páxaro
Tesos cumes do Courel . Pobos pobres
Ardidos de tristura mouros de queimados
Lor ruxindo polo val pecho
Ucedo e ucedo
Fontiñas outas
Penedos
Carrozos escuros
Fragas agros soutos e devesas. Labregos e pastoras que soio vistes
Istes tesos e máis estes vales
Aturula a curuxa e canta o cuco
Medindo o tempo quedo que se para na cor e tornándose
Contra un ven cravarse no sitio onde máis se sinte
Serra aberta (Os eidos)
RESUMO DO POEMA
Este poema exprésanos o amor que sente Uxío pola súa terra , e pola súa lingua materna. Este poeta aportou a literatura o amor polas pequenas cousas da natureza que nos amosa Galicia. Os eidos publicouse en 1955 pero tivo unha segunda parte en 1974.
Uxío reflicte en cada verso as máis ignotas paisaxes do Courel natal. A Galicia de Uxío era azul, verde e gris pero os seus tintes eran pobres e escuros.
Novoneyra rompe coas tradicións localistas e costumistas de Rosalía e de Pondal e lanza un enorme berro a favor do intimismo.
Este poeta viviu a galeguidade dende unha profunda introversión e os seus versos carecen de metáforas.
Susana Grandal Lista (2º B Bach)
Etiquetas: Poema do Courel
Entrada más reciente Entrada antigua Inicio
0 comentarios:
Publicar un comentario