O suave manto da noite invadía a cidade lentamente, a modiño, mentres as margaridas despedían ao astro do día inclinándose, resignadas, e recollendo as súas pamelas brancas. Polas aínda húmidas rúas ferrolás, paseaban alborozados estudantes, facendo plans para a noite de sábado. Unha bandada de pombas pasou por riba deles, facendo que os rapaces berrarran asqueados. Mais Tiago Ruíz, 27 anos, cabelo escuro, costas do tamaño dun armario e tristeiros ollos grises, non vía nada diso. O seu pensamento estaba na súa habitación, no segundo caixón da cómoda, entre camisetas e calzóns, relendo atentamente un telegrama firmado por Don Antonio Quintana, home vello, de vellos costumes. “Antiquísimos,” pensaba Tiago, “pero eficaces. A ninguén se lle ocorrería revisar os telegramas, existindo o correo electrónico”. O susodito telegrama dicía así:
Un berro de dor rasgou a noite.
Un home de ollos grises cunha botella case baleira mirando á nada, nun banco no Cantón.
Un temblor percorre as súas costas e unha bágoa furtiva esvara pola súa meixela.
Ferrol do Caudillo. 11:30 Praza de Amboage. Recoller
D.Rodríguez. Asunto perigoso. Sorte amigo.
Comezou a caer unha fina choiva, e Tiago resgardouse en Calzados Ricardo, fronte ó Blablá Café. A praza estaba deserta, mais de súpeto, algo chamou a súa atención. Un paraugas vermello sostido por unha pequena figura atravesaba a praza rapidamente. Baixou as escaleiras e correu ata o portal. Era unha muller de pelo corto e liso, rasgos asiáticos e uns grandes fuxidíos ollos escuros. “Ruíz?” preguntou temblorosa. “D. Rodríguez? Encantado” sorriu tranquilizadoramente e a colleu do brazo “coñéceme vostede dende sempre, dacordo?” Ela asentiu e forzou un sorriso. Baixaron a costa de Rómpete o alma e na rúa Magdalena xiraron á esquerda. Unha áxil sombra os seguiu en silencio. Tentaron falar, mais de que ían falar dous descoñecidos? Pasaron un 24 horas (do que saían uns rapaces con bolsas verdes) e continuaron pola praza do Callao, e metéronse nun escuro calello no que parpadeaba un farol con leves quexidos. Camiñaban en silencio. Unha ráfaga de vento os estremeceu como un alento de morte. Ruiz, alerta, deuse rapidamente a volta atopándose cuns ollos grises tan similares aos seus, que podería estarse mirando ao espello. De feito, nun espello de corpo enteiro, posto que o individuo que tiña enfronte, era igual ca el. “Home, Tiago” dixo o descoñecido cun sorriso. Mirou a Rodríguez e ela escondeuse tras Tiago. “non nos presentas?” soltou unha gargallada. O semblante de Tiago non cambiou. “Xa a coñeces Xoán” dixo “non é o teu estilo” A expresión de Xoán arrefriouse. “Quizais debería utilizalo” espetou ameazadoramente. “Adiante” sorriu Tiago “Poderás?” “por suposto” dixo Xoán, levando as mans ás costas e sacando unha pistola con silenciador “Alónxate dela” apuntoulles coa arma. “Sabes que non dubidarei en disparar” “e ti que eu non moverei os pés. Mellor dispara e así remate isto” “non quero matarte, Tiago. Non entendes que te equivocaches?” “xa tivemos esta discusión, Xoán” susurrou Tiago. D. Rodríguez saíu correndo, deixando atrás uns tacóns e aos dous homes forcexeando, tentando lograr o seu obxectivo.D.Rodríguez. Asunto perigoso. Sorte amigo.
Un berro de dor rasgou a noite.
Un home de ollos grises cunha botella case baleira mirando á nada, nun banco no Cantón.
Un temblor percorre as súas costas e unha bágoa furtiva esvara pola súa meixela.
Mª Luz Perales (1º A Bach)
Etiquetas: O protector
Entrada más reciente Entrada antigua Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario