Entrevista a Rodolfo Ucha Donate


Rodolfo Ucha Piñeiro é, sen dúbida, o arquitecto máis famoso de Ferrol. Aínda que naceu en Vigo, despois da morte do seu pai, veu a Ferrol, onde pasou a maior parte da súa infancia. O terminar os estudos de bacharelato trasladouse xunto coa súa nai a Madrid. Alí, estudou arquitectura e despois da súa conclusión, volveu para Ferrol, onde se fixo cargo do deseño da praza de armas tras gañar un concurso de méritos. Tivemos a sorte de entrevistar ó seu fillo Rodolfo Ucha Donate que ten realizado estudos e recolleu información sobre a vida e obra do seu pai.

Cal pensa que foi a principal fonte de inspiración para o seu pai?
Pois... Eu creo que as súas primeiras experiencias xuvenís o marcaron logo no seu modo de traballar; os xogos polas prazas, os paseos dominicais…

Como cree que naceu a vocación do seu pai?
Un militar ferrolán coñecido pola familia que na súa academia preparaba a mozos para o seu ingreso en escolas superiores e academias militares, aconsellou a súa nai para que entrase en arquitectura. Tamén a súa gran facilidade para o debuxo axudoulle a decidirse por este camiño.

Chegou vostede a imaxinar que a arquitectura do seu pai alcanzaría tanta fama?
Non, nunca o houbera imaxinado. El traballaba por gusto e o seu bon facer foi o que lle deu fama e prestixio.

Cre que o seu pai aportou algunha innovación á arquitectura?
Pois… a arquitectura en xeral non o sei, pero si que é verdade que á cidade de Ferrol a enriqueceu con novos edificios, cunha arquitectura de calidade e con construcións arroupadas con formas belas e académicas. Supuxo para él unha responsabilidade a tarefa de renovar o aspecto de Ferrol.

Sabe vostede cal era o edificio preferido do seu pai?
Pois non tiña ningún preferido que eu me lembre… O casino ferrolan foi un dos que máis prestixio lle deu, pero supoño que gustaríanlle todos, non o sei…

En qué estilo arquitectónico situaría a obra do seu pai?
Aínda que pasa por diversas etapas as obras polas que se lle coñece son de estilo modernista. Nos seus primeiros anos observamos unha corrente ecléctica, pero nas súas obras modernistas mostra gran fantasía, orixinalidade e valentía.

Lémbrase vostede dalgunha anécdota referida á construcción dalgún dos edificios deseñados polo seu pai?
Lémbrome de que durante unha época revisou as edificacións da mariña de guerra e tivo que ir revisar o faro de Fisterre, que sofrera danos pola caída dun raio, e hasta alí foi montado a cabalo no medio dunha tormenta para redactar o informe dos danos.

Se tivera que definir o seu pai con tres palabras, cales serían?
Humanidade, sensibilidade e versatilidade. A súa gran preocupación por estar ao día e coñecer as novas tendencias arquitectónicas.

Isabel Perales Pérez 1º A Bach

0 comentarios:

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio