J.Luis:Cal é o teu papel dentro de a plataforma Rumbo 21?
M. Rivas:Eu son un aliado desta plataforma rumbo 21 , é hoxe vou facer a lectura do manifesto desta plataforma.
J. Luis:Cal é a finalidade desta plataforma?
M. Rivas:O principal obxectivo de que o Parlamento aprobe unha declaración co rango de lei que inste ao Gobierno central a renegociar ca UE o expediente das axudas ilegais que recibiu Izar e que impide a Navantia-Fene realizar construción naval civil.
Máis información sobre a plataforma rumbo 21
A plataforma Rumbo 21 está constituída por entidades cidadáns, políticas e empresariais de Ferrolterra ; convocou unha manifestación o sábado 27 de marzo en Ferrol para reclamar o "alzamento do veto" á construción naval civil na antiga Astano e pedir a "creación de emprego" e "un sector naval con futuro".
A asociación Rumbo 21 é a promotora dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que reuniu 18.000 firmas e que plantexa que o Parlamento de Galicia aprobe unha declaración co rango de lei que inste ao Gobierno central a renegociar con Europa o expediente das axudas ilegais que recibiu Izar e que traduciu nun acordo de reestruturación da empresa pública, que impide a Navantia-Fene realizar construcción naval civil.
Os impulsores da manifestación plantexan a protesta ante a parálisis na que se encontra a tramitación no Parlamento da ILP e o incumprimento do Goberno de Zapatero do seu compromiso de aproveitar a presidencia española en Europa para negociar o alzamento do veto.
A entidade xa conta co apoio dos grupos políticos PP, BNG, Independientes por Ferrol e Terra Galega, ademáis do sindicato CIG, a Asociación de Empresarios de Hostelería e os Concellos de Narón, San Sadurniño, Ares e Mugardos.
Os membros da plataforma insistiron hoxe na roda de prensa en que non promoven nin defenden a privatización do asteleiro de Navantia Fene, senón que reclaman que se poida empregar para a construción civil, dada a súa "infrautilización", visible "con so darse un paseo pola ponte de As Pías", ó lado do asteleiro fenés.
Ramón Yáñez, portavoz da plataforma, mostrouse moi crítico coa Asociación Impulsora do Plan Ferrol, que rexeitou axudar a protesta. Recordou que fronte á promesa de crear 4.000 empregos entre 2007 y 2011 e de lograr o crecemento do PIB nun 3 por ciento anual, según o Plan Ferrol da Xunta, a realidade
é que o paro aumentou en 4.000 personas y el PIB baixou un 7 por ciento.
Antonio Riego e José Luis Castrillón (2º A Bach)
Etiquetas: Entrevista a Manuel Rivas
Entrada más reciente Entrada antigua Inicio

0 comentarios:
Publicar un comentario